Xa está ben

A natureza reservou a peor parte da relación home-muller para esta última. A práctica da sexualidade durante miles de anos, supuxo a esta xogar a ruleta rusa, xa que, as consecuencias de ter sexo, podían supor cargar con unha nova criatura durante moitos anos. Ao mesmo tempo, todo o cóctel hormonal que durante anos podía ser protector ante diversos problemas de saúde, vense abaixo, cando chega a menopausa, volvendo a muller máis vulnerábel ante diversas enfermidades. Incluso cando a muller aínda non lle chegue a menopausa, as mulleres debido as hormonas, sofren máis que os homes enfermidades ou trastornos de diversa índole.


Máis a pesar desta putad.....que a natureza reservou para as mulleres, o propio desenvolvemento do mundo, o propio desenvolvemento desde sempre das nosas sociedades, as mulleres estiveron e están vistas ou mellor dito valoradas, un grao inferior aos homes. E indubidábel que a sociedade é patriarcal no desenvolvemento desta e matriarcal en todo o que ten que ver coa concepción, crianza e cuidados dos nosos. Máis o que é totalmente anacrónico, é a postura do mundo da ciencia con respecto as mulleres. A día de hoxe, o coñecemento científico en todo-los seus ámbitos, está dominado polos homes e pensado para os homes; explícome: Cando se fai investigación para algunha enfermidade ou problema de saúde, os suxeitos da investigación son polo xeral homes e despois, os resultados que se obteñen, extrapólanse as mulleres. Xunto a isto hai que engadir, que a hora de xerar un fármaco para esa enfermidade ou problema concreto, tamén na súa maioría, os suxeitos de proba son homes. Dito isto, é lóxico pensar, que os coñecementos sobre unha determinada enfermidade,o seu prognóstico, a súa evolución e a súa resolución son dados de homes, que despois se infiren as mulleres. Isto pódenos levar, a diagnósticos errados no xénero feminino, como a pautar medicamentos, que poden que nas mulleres, non teñen a mesma funcionalidade que nos homes. É incríbel que no século XXI, o mundo académico sega a tomar como máxima, que as enfermidades son igual nos homes que nas mulleres, coa conseguinte consecuencia, de que as mulleres están un chanzo por debaixo dos homes, no tema da súa saúde. Ao mesmo tempo é arrepiante, que as mulleres investigadoras, atópense con máis dificultades que os seus compañeiros, no tema por exemplo do financiamento. Cando as científicas desexan investigar sobre problemas propios do seu xénero, os estudos demostran, que teñen mais problemas para obter financiación, as súas conclusións vanse publicar en revistas científicas de menor renome e incluso moitas destas investigacións si se intentan publicar, poden ser penalizadas.


En definitiva a pesar de que estamos no século XXI, no tema da muller, non melloramos moito en comparación ao medievo. É indubidábel, que se o mundo científico, que é o responsábel do avance do mundo mellorando este, ano tras ano en base ao coñecemento, comportase deste xeito totalmente patriarcal, como imos pedir que nas clases populares, aínda sega existindo a conduta machista.

Xa está ben

Te puede interesar