Conferencias e coloquios na clausura das XVIII Xornadas Literarias de Neda

Un momento da proxección de “A condesa rebelde”, de Zaza Ceballos, onte na Casa da Cultura | d. alexandre
|

As XVIII Xornadas Literarias de Neda abríronse onte na Casa da Cultura coa inauguración a cargo do alcalde, Ángel Alvariño, e a proxección e coloquio posterior conducido polo crítico Alberto Abuín da película “Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde”, de Zaza Ceballos.


A programación péchase esta tarde. Principiará coa intervención da concelleira de Cultura, Verónica Vigo, ás seis, para, deseguido, dar o testemuño aos integrantes do clube de lectura “A pantasma de papel” do IES Fernando Esquío que, coordinados por Loles París, abordarán a biografia da homenaxeada. As conferencias “Marimachismo e subversión: os desexos de Emilia Pardo Bazán para as mulleres do futuro”, de Aleixandre e López Sande –18.30 horas– e “Quen teme a Emilia Pardo Bazán” –19.15 horas–, da escritora Mónica Bar Cendón, darán paso a un coloquio co que se clausurará esta edición das Xornadas Literarias. 



Conferencias e coloquios na clausura das XVIII Xornadas Literarias de Neda