Vacinación

Axente está á espera do nove de maio. Para ese día está previsto que non haberá prolongación do Estado de Alarma polo Covid-19. Sería, definitivamente, o inicio da “nova normalidade”. A partir de aquí as CCAA terán que asumir as súas responsabilidades, amosar claramente a súa capacidade para a xestión e poñer todos os seus instrumentos (especialmente a organización da vacinación de toda a poboación) a prol do control e erradicación do virus.


Na nosa área sanitaria, a resposta da poboación vai no camiño correcto. Un trinta por cento da cidadanía xa ten, cando menos, a primeira dose. É de agradecer a colaboración do Concello de Ferrol e de Protección Civil. A coordinación entre sanitarios, Benestar Social e Seguridade, así como o traballo dos voluntarios, tanto na vacinación, como a asistencia á poboación con dificultades de mobilidade está sendo eficaz e mostran como hai que facer as cousas.

Vacinación

Te puede interesar