Do imperfecto

A pesar de todo, chegan as primaveras. E razóns para quedarnos atascados nos outonos hainas e abondosas. Pero ata na imperfección hai motores que impulsan cambios e fan abrir os ollos. Se non fóra pola gravidade do asunto, faría gracia a negativa insistente dun Deputado de Vox contra as teorías científicas do quecemento global. Confunde pasar frío cos males derivados do incremento da temperatura media do planeta. Vai ser certo aquilo de que ata no Congreso ten que haber de todo. O máis vergoñento é presumir e facer bandeira da ignorancia. Insoportable é a falla de respecto do Presidente turco Erdogan a Úrsula Von der Leyen, Presidenta da Comisión Europea. E ten que ser cesado fulminantemente Charles Michel, Presidente do Consello, quen non estivo á altura e abonou máis esa histriónica discriminación machista inxustificable e intolerable. Esta acción ten que ter consecuencias. Non se trata de imperfeccións, son abusos e desprezos que non caben nas relacións internacionais. E Michel non representa a mentalidade nin o ideario de liberdade e igualdade que representa a UE. Os xestos son importantes porque defenden valores e asentan actitudes. Por iso Michel, que non se quere ir, debera de ser cesado con luz e con taquígrafos. A imperfección tamén actúa nas campañas electorais. Uns utilizando o tema das vacinacións para erixirse en competente en materia de compras, só para poder criticar a xestión do goberno central. Sabe Ayuso que esta cuestión está centralizada e a competencia é estatal. Pero para os seus intereses acusatorios, todo o que ven na rede é peixe. Queda a xestión das confrontacións en territorio comanche, un exercicio que Vox utiliza para visibilizarse. Se non chegas por acción, que sexa por agresión. Estar, iso sempre foi o importante.


Nomearte é un exercicio de esperanza -dixo El- que limita a inmensidade dos desertos, sazona os mares e planta paixóns acesas nos sentidos...

Do imperfecto

Te puede interesar