A vía pacifica ao socialismo

Hai medio século producíanse en Chile cambios significativos, o 4 de abril a Fronte Popular acadaba un triunfo nas eleccións municipais, e o 8 do mesmo mes o Parlamento aprobaba a nacionalización do salitre e o cobre, mediante unha lei que definía como propiedade do Estado todos os recursos mineiros e enerxéticos do país. Eran decisións que afectaban esencialmente a empresas estadounidenses, e esta potencia contestou con todo tipo de medidas de presión. Salvador Allende fora elixido presidente de Chile polo Parlamento o 24 de outubro de 1970 despois do triunfo electoral de Unidade Popular, unha coalición de socialistas, comunistas e sectores da esquerda da democracia cristián.


O governo de Salvador Allende mellorou a distribución da renda, por exemplo, nos primeiros 11 meses de 1971 aumentou o consumo de produtos básicos como as aves nun 16%, o porco nun 18% e as patacas nun 55%. A renda dos asalariados/as pasou dende o ano 1970 a 1971 do 51% ao 63% do PIB. A oligarquía non estaba disposta a aceptar este avance das clases populares, que mudaba a correlación de forzas e cuestionaba os seus privilexios. Comezou unha forte confrontación no eido económico: paro de transportes e desabastecemento de produtos básicos.


A vía chilena ao socialismo remataría violentamente en setembro de 1973 por mor dun levantamento militar, durante o cal foi asasinado Salvador Allende. O golpe foi comandado polo xeneral Augusto Pinochet que instaurou unha ditadura militar sustentada sobre a represión, con detencións, torturas e mortes masivas de persoas ligadas ao movemento popular. A implicación dos Estados Unidos era evidente, aínda que daquela negada, sería recoñecida un ano despois polo presidente Gerald Ford.


Deste xeito remataba o debate interno que durante anos se dera na esquerda revolucionaria latinoamericana, respecto se era posíbel ou non avanzar pacificamente na construción do socialismo. O triunfo de Allende abriu ás portas a que ese obxectivo, ali onde existían democracias formais. Podíase dar un salto cualitativo na loita contra a explotación e opresión, por medio da mobilización e acadando a hexemonía nas institucións a través da loita electoral.


O golpe militar en Chile cuestionou esta vía pacifica e ademais implicou un retroceso histórico en toda América Latina. Porque, como resposta Estados Unidos e as clases dominantes nos países do continente estenderon a ditadura a moitas nacións, para evitar que se repetise a experiencia chilena. A vía pacifica ao socialismo converteuse nunha andaina truncada.

A vía pacifica ao socialismo

Te puede interesar