A voz de Rosalía

Nun acto protocolario de traspaso de carteiras que tivo lugar no Ministerio de Sanidade -despois das tomas de posesión no Palacio da Zarzuela, perante o rei- a viceministra terceira Yolanda Díaz pronunciou unhas breves palabras, nas que deixou constancia clara do seu compromiso como muller e como galega. Gustei de escoitarlle dar as grazas ao pai -amigo Suso, podes sentirte orgulloso- “polas lecciós de vida, de entrega aos demais, de respecto e de solidariedade”, así, no idioma de nós, en galego, como ten que ser. Como tamén por ter recorrido a Rosalía de Castro como precursora e guía da loita das mulleres para conseguir a súa liberación:


“Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.


Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árabes en el desierto y el pirata en el mar.[...]


Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino”.

Este texto rosaliano, como saben, é un anaco desa relevante breve prosa poética que a nosa inxente poeta nacional titulou “Lieders” e deu a coñecer nas páxinas de El Álbum de El Miño (1958), suplemento do diario vigués dese nome, e que hai quen ten considerado, posiblemente con razón, o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.


Yolanda Díaz dáballe, pois, as grazas a Rosalía, como tamén “a nuestras madres y abuelas”e a “todas las mujeres que nos habéis precedido”, “por esa palabra por ese camino que hoy transitamos de la mano de nuestras hijas, con el mismo entusiasmo y la misma sed de igualdad”.


E, aquí, antes de lle poñer o ramo as estas liñas, vanme permitir unha pequena digresión que, como filólogo de formación que son, non me resistín a facer, principalemente porque ten que ver con algunha conversa que tiven ao respecto con Carvalho Calero -o meu mestre e un dos máximos rosalianos que no mundo foron-, cando aínda era profesor en activo, no seu despacho da Facultade de Filoloxía, cando esta estaba na praza do Instituto, ao pé da efixie monumental de Montero Ríos e do arco da porta de Mazarelos. É a propósito da errónea dobre marca de plural da palabra “Lieders”. En alemán o plural de lied, que significa canción, é lieder, mais quen temos o -s como marca distintiva do plural, non adoitsamos identificar como plurais as palabras que terminan doutro xeito. E velaí está ese lieders. O mesmo caso dos espaguetis, como plural do italiano spaghetto, plural spaghetti.


Dito isto, non quixera, así mesmo, deixar de lado o recurso ao Nobel José Saramago -a quen a exministra Esperanza Aguirre se referira, que vergoña!, como Sara Mago, supoño que recordarán- á hora de manifestar que tería sempre presentes no desenvolvemento do cargo a memoria e a responsabilidade. 


Elementos, sen dúbida, fundamentais en calquera labor que se queira desempeñar con honradez e eficacia, como, sen dúbida, o vai facer a camarada e amiga Yolanda Díaz.

A voz de Rosalía

Te puede interesar