Políticos e políticas

Falaba no meu anterior apunte das eivas que nos afogan acotío, denunciando algunhas delas pero esquecendo nomear aos políticos e mesmo as políticas que, para o caso tanto monta. Como dicía hoxe na TV un comentarista de sona, a nosa clase política é un completo desastre.


¿Que sentido ten que nuns momentos como os que estamos a vivir, malgasten o seu tempos en leas que non solucionan nada?. Tempo é de sumar esforzos con unha meta ben clara, todos xuntos contra o inimigo común que é, dende hai un ano, o Coronavirus. Esta actitude, que non pode ser outra, será no futuro unha fonte inesgotable de votos para uns e outros, así que señores do goberno e da oposición déixense de macanas e de loitas inútiles e sexan prácticos e céntrense nunha loita común.


Titulares como os que estamos a ver e ler tódolos días nos medios de comunicación non fan máis que prexudicar e empeorar unha imaxe que o país non pode aturar máis. Seísmo político, Madrid fóra de control e caos na capital de España que en vez de moderar e de xerar solucións, como un espello onde se miren o resto das autonomías é o principal foco de conflitos como estamos a ver. Xa antes da pandemia se oía dicir que o mal principal de España estaba na súa capital. Cada vez teñen máis razóns os que pensan deste xeito..


A título persoal, os políticos teñen que aprender a conxugar o verbo dimitir, cando non están ben vistos pola maioría debido á unha nefasta xestión ou mesmo a un rendemento negativo. Permanecer na política a contrapelo non é bo para o país, nin para o partido nin para un mesmo. Hai que saber retirarse a tempo e dedicarse a outra cousa. Algúns seica o mesmo serven para un roto que para un descosido. Aí temos senón ao home da coleta que aínda recoñecendo que pode perder o liderado na súa formación, prefire arriscarse enfrontándose coa actual presidenta de cara as vindeiras eleccións para a comunidade de Madrid. ¿A que está a xogar este deslinguado e controvertido cabaleiro?


Ferrol, o noso ferroliño, semella que nestes intres vai mellorando. Non botemos a voar as campás que aínda estamos moi lonxe da inmunidade total. Non deixemos de vacinarnos puntualmente, non hai outra solución mellor.


De calquera maneira que sexa, tede moito coidado aí fóra.

Políticos e políticas

Te puede interesar