Distorsións da linguaxe

Foron moitas -motísimas- as veces que tiven que escoitar a pregunta de por que non estudiaba Ciencias Políticas. “Se tanto che interesa a política, que fas estudando Filosofía e Letras?”, dicíanme. A resposta era simple e tanto é así que, máis de cincuenta anos despois, sigo pensando o mesmo: non me interesa a política como obxecto de estudo, isto é, a politoloxía. Como tampouco nunca me interesou o máis mínimo -todo o contrario- ocupar cargos institucionais. Eu estudei para outra cousa. Tiven unha profesión -a docente- que, sen entusiasmarme, me permitiu facer moitas cousas - militar politicamente, entre outras- sentíndome cómodo. Se cadra, podería ter tido outro xeito de me gañar a vida, mais ese nunca tería sido a política. Non son partidario, en absoluto, da profesionalización da política. Ninguén debería ocupar cargos públicos remunerados máis aló de oito anos -dous mandatos- consecutivos, sumando, obviamente, as diferentes denominacións dos mesmos. Dous de concelleiro e seis de deputado fan oito. E xa. A vivir doutra cousa, da profesión que cadaquén teña.


Por iso non podo compartir as declaracións de Núñez Feijoo -tras doce anos na presidencia- de que a súa maior honra profesional teña sido servir a Galicia. Ser presidente é unha profesión?

Distorsións da linguaxe

Te puede interesar