AGAEX, soño ou realidade?

on é preciso sinalar que os galegos e galegas estamos representados en todo o mundo pola nosa diáspora, non existe familia galega que non teña un familiar asentado no estranxeiro, sen medo a equivocarnos podemos asegurar que somos un Pobo Global de sentimento universalista. Non só por estar en moitos lugares, son moitas as rexións con emigración, máis ben pola pegada firme e concisa da nosa comunidade alí onde foi, non como Españoles, como galegos con fachenda de selo. Unha forte para-diplomacia asentouse en moitos países coa forza e fortaleza dos centros galegos. Non con intención inicial de ser un lobbie, coa clara intención de manter a cultura e as tradicións, de ter un pequeno anaco de Galicia en Caracas, Habana, Bruxelas, Nova York, Bos Aires ... como é a morriña. Pero si conseguiron en moitos casos ser un axente da política exterior e unha influenza na política local. Calquera político de Venezuela, na época de normalidade democrática, tiña obriga de facer un mitin no centro galego de Caracas, que tiña 90.000 asociados.


Esa influenza nunca foi ben aproveitada pola Nosa Terra, Galicia nunca sacou o proveito necesario para acadar grandes cotas de calidade de vida derivadas da potencia da nosa diáspora, que a tiña e a ten. Co nome de EGAEX, a administración galega actual, está a propor un debate para a Lei de Acción Exterior de Galicia. No borrador actual, que na miña opinión, queda bastante limitado polo medo a traspasar os limites da Constitución, por certo limites xa superados polo marco europeo, que realmente si temos que ter en conta. Non reflexa a realidade da potencia da nosa diáspora nin da capacidade do noso idioma a través da Lusofonía. Dous valores que non se teñen en conta na súa real medida.


Non existe unha referencia clara á diáspora xa organizada, centrando a acción da Lei soamente no individuo, perdendo pois, xa de entrada unha importante rede, tampouco no preámbulo se fai referencia a esa xa existente de facto diplomacia galega con sedes físicas e coñecemento da sociedade destino, unha mágoa.


No relativo á Lusofonía, unha Lei que se asenta nunhas siglas nas que a primeira palabra é Estratexia e obvia que o noso idioma non é só un tema cultural, é o idioma de negocios máis falado no hemisferio Sur, fica claro que erra na súa primeira lectura estratéxica global. No Parlamento de Galicia e triste que non sexan quen de ver esta realidade, mais para iso cómpre saír algo do Hórreo.

AGAEX, soño ou realidade?

Te puede interesar