UNHA MALA FIN DE SEMANA

Na tarde do sábado o Racing tiña un partido decisivo para a súa continuidade na fase de ascenso á 2ª División. Todo o racinguismo era consciente de que non ía ser doado superar os dous tantos encaixados o domingo anterior en terras catalanas, onde xogara cunha certa alegría, que acabou saíndo mal. O Tarragona non veu a Ferrol a outra cousa que a empatar. Aló marchou toda esperanza ata o vindeiro ano, se houber lugar. Acto seguido, o Real Madrid, coa sorte infinita que sempre o acompaña –mesmo cando perde–, conseguiu, no último suspiro, empatar un partido que tiña perdido. Non son parcial de ningún dos dous pero nesta ocasión torcía claramente polo Atlético. O domingo o Deportivo, a quen llas están poñendo como a Fernando VII, non conseguiu o punto preciso para volver á 1ª. E para mal de males nova vitoria do PP nas eleccións europeas. O do fútbol non deixa de ser un xogo. Pero o das eleccións non o é en absoluto. O único incontestable é que, preocupantemente, segue gañando o PP. O resto??? O dito, moi mala fin de semana. E o que nos queda. Deprimente.

 

UNHA MALA FIN DE SEMANA

Te puede interesar