Pan, traballo, teito

Hoxe latexa en Madrid un país novo, que ergue as bandeiras da dignidade e expresa coa fórmula pan, traballo e un teito, o ramallo de demandas necesarias e urxentes para a vida da xente do común. 
Demandas que abrollan dunha arela común, a de mellorar as condicións de vida das clases traballadoras. Os gobernos deste réxime neoliberal monárquico  non dan máis de si. Este réxime fainos a vida insoportable entre os recortes, os paus e a corrupción. 
A resposta das marchas vén de todos os recunchos e conflúe nunha loita e demanda común. As marchas  da dignidade son o país do porvir, o que vai sobardar as barricadas dos recortes, o paro e a corrupción que provocan a troika e Rajoy-Feijóo.
No seu paso firme, na súa voz clara, na súa fraternidade republicana, na súa diversa  unidade intúese un abrente novo.

 

Pan, traballo, teito

Te puede interesar