Agachar os lixos

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, puxo de manifesto antonte que o tramo do Camiño de Santiago que, previsiblemente, van percorrer en breve Angela Merkel e Mariano Rajoy se atopa en perfecto estado. O problema é se a mandataria alemana tira a conclusión de que aquí todo vai moi ben. Non será tan así, porque xa vimos que, curiosamente, esta mesma semana se perdeu nos cantís da Costa da Morte unha moza alemana cando realizaba o tramo do camiño que vai de Fisterra a Muxía. Deixouse levar pola sinalización, que, alén de escasa, é mala con ganas. Afortunadamente a rapaza era camiñante experimentada e puido ser rescatada con éxito. Mais, pasado o susto do acantilado chegoulle o da Consellería de Medio Rural, que lle reclama o pago dos gastos do rescate como se se perdese facendo un deporte de risco e non por seguir unhas fechas sinalizadoras confusas. Como sinalou a afectada era ela quen tiña que denunciar o padecido. Máis mentiras como bandeira.

 

Agachar os lixos

Te puede interesar