Grazas Santa Mariña, San Xoán, San Pedro e Santa Icía

llando as novas sobre as obras, tanto en Santa Mariña coa ponte en marcha e co anuncio do inicio, por fin, das de San Xoán e San Pedro, anímome a facer este escrito, non por falta de ledicia porque se leven a cabo, senón para deixar claro que estas non son unha esmola nin unha ocorrencia de hai dous meses. 
Non é así, estas obras son forito da loita de un grupo de xente que nalgúns casos se remonta a máis de vinte anos. A ponte peonil, magoa non se faga tamén para o trafico rodado, cosería un pouco o rachón dos barrios que a vía e o Acceso Norte provocaron entre Santa Mariña e o Ensanche. 
Mais o urxente son as persoas, polo que é de vital importancia solucionar xa a ponte e tamén o muro e os viais adxacentes. O anuncio de inicio, con ben atraso por certo, das obras San Xoán-San Pedro é outra consecuencia de camiñadas e concentracións varias feitas xa hai uns cantos anos. 
Figúrome que se tivésemos o poder de convocatoria de Paquirrín, manda truco co fenómeno, a obra seguro estaría rematada. 
Moito mérito para quen dunha maneira exemplar estiveron aí sempre, de moita xente me acordo, mais nomearei a dúas persoas: Paco Valiño, oitenta e pico de anos e sempre presente; e outra que non chegou físicamente, como meu querido amigo Eliseo Carreira, sempre disposto ao que fixera falta. 
Pois, querido Compa, amigos e amigas, cada pedra que estas obras movan será unha lembranza de loita de todas e todos, un exemplo para quen hoxe, se de verdade queren ter algún mérito, empecen a facer cousas por estes barrios tan abandonados sen ter que tirar de tanta pancarta e tanta mobilización.
Para min é un orgullo compartir tantas horas con vos, veciñas e veciños. 
Grazas aos políticos e asociacións que cumpriron co seu deber e participaron dalgunha maneira. 
Grazas Santa Mariña, San Xoán, San Pedro e Santa Icía, pois a loita vai dando os seus froitos e a seguir. Apertas, Xullo Rodríguez Díaz.

Grazas Santa Mariña, San Xoán, San Pedro e Santa Icía

Te puede interesar