Respecto

|

Velaí o que vimos solicitando os galegos falantes desde a noite dos tempos. Respecto. A realidade reflicte unha situación de indefensión e desigualdade  para os cidadáns que temos como lingua o galego, digan o que digan os responsábeis do goberno galego.  Vexan, se non , a resposta que o “ Consejo para la defensa del contribuyente” lle enviou a un cidadán :
“ A razón por a que non había ninguén no momento da súa entrada na Administración que puidese dirixilo correctamente ao punto determinado polo sistema de regulación de atención ao público, non é outra que a escaseza de persoal propia das datas vacacionais en que vostede acudiu á Administración da AEAT, motivo que tamén explica a dificultade por parte do mesmo funcionario para contestarlle en galego, e a incidencia, que tamén motiva a súa protesta, consistente en non lle facilitar un formulario en galego para a presentación do seu escrito”.Vergoña!
 

Respecto