Asqueado

O Covid-19 se a algo tivo de bo e que veu a darnos tempo para reflexionar sobre moitos temas. E aínda que o que está a escribir este artigo, xa ten claro desde fai moito tema as súas ideas, é certo que a veces, un reconsidera as súas crenzas. Non é para nada algo malo. Ao contrario. É intelixente que un ao longo da súa vida, pregúntese se os seus ideais son os verdadeiramente correctos. No meu caso sempre chego a mesma conclusión e non quero dicir que as miñas ideas sexan verdades absolutas, xa que en primeiro lugar estas non existen, a excepción de que todas imos a morrer.

Máis o que un ten cada vez máis claro, é que o peor que hai agora mesmo no planeta, é a clase política do sistema capitalista. Falo indubidabelmente da clase política dominante e aínda que é certo, que en mundo de lobos aulla como todos, é de xustiza dicir, que en moitos temas hai grandes diferencias entre as maiorías políticas e as minorías, as cales aspiran con certeza, a ser nalgún momento maiorías.

Porque se as africanas morren no seu camiño cara ao dourado europeo, é por culpa de decisións políticas. Se en Lesbos milleiros de sirias están en condicións infrahumanas é por culpa de decisións políticas. Si o holocausto que esta a sufrir a mocidade e as súas familias por culpa das drogas, é por decisións políticas. Se as nosas mozas morren e enferman por culpa das sustancias dopantes (o volume deste negocio xa supera ao das drogas ilegais) é por culpa de decisións políticas.

Porque todo isto e máis como o xogo, a prostitución (este tema hai que dicir ten máis complexa solución) etcétera é por culpa, de que a clase política dominante, antepón a saúde do sistema económico capitalista, ao dereito que termos os seres humanos na súa totalidade, a vivir con dignidade. 

 Máis teño que sinalar, que hoxe por hoxe, por moito que me pese, a política é o mellor que termos as clases populares, as clases que estamos máis ben na parte baixa da pirámide social, para poder aspirar a vivir con dignidade, aínda que polo camiño quedemos moitas de nos.

 Teño moi claro desde fai moito tempo cal é a miña conciencia política. A primeira foi ecoloxista, cando vin poñerse as xentes de Greenpeace, debaixo dos buques que botaban os residuos nucleares na fosa atlántica. A segunda foi marxista, cando dinme de conta o que significaba o capitalismo e a terceira foi nacionalista, cando comprendín o porque da relación desigual entre Madrid e a súa periferia como eles denominan a Galiza. E aínda que isto o reconsidero cada certo tempo, sempre chego a mesma conclusión: Que é o único camiño posíbel.

Máis mentres que non alcancemos e non apareza un novo xeito de auto-gobernarnos, non nos queda outra, que aturar o que transmiten os políticos do sistema capitalista “Ao que Deus se a conceda que San Pedro se a bendiga”.

Asqueado

Te puede interesar