Acuarela

No febreiro que iniciamos son varias as organizacións que van debater as liñas políticas do futuro. E, certamente, as súas decisións influirán no feito de que os cidadáns e a Galiza como suxeito político, sexan o centro da acción do vindeiro goberno galego. E para que iso aconteza é urxente unha unidade de acción e electoral,  trazar liñas con acuarela e evitar fórmulas políticas que coutaron o proceso unitario nas pasadas eleccións ás Cortes do Estado . Os primeiros apuntes do cadro invitan ao optimismo.Velaí, por unha banda, as declaracións de Xabier Vence “a  derrota do PP é condición para reverter os recortes e tamén para avanzar na conciencia nacional do país” e, por outra, As Mareas  tentando articular un proceso de confluencia. 
E de reollo todos mirando os movementos de Beiras e coaligados. O barruzo deita sobre as lousas a voz de Toquinho “ E alí logo enfrente /a esperar pola xente / o futuro está...”.
 

Acuarela

Te puede interesar