RETROCESO

O índice DEC 2014 (dereitos, esforzo económico, cobertura) da unha pauperrima nota  de 2,80 puntos e segue calificando como irrelevante o desenvolvemento dos servizos sociais en Galicia, situándoa no posto número 14 entre as 17 autonomías. O informe ademáis destaca: 1) A reducción do gasto en servizos sociais nun 9,7% nos últimos dous anos por parte das administracións públicas galegas: goberno autónomo e entidades locais. En total en  Galicia recortaronse 75 millóns de euros anuais en servizos sociais. 2) Galicia está por debaixo da media estatal,tanto en termos absolutos como relativos, en 11 dos 14 indicadores que o índice contempla, mentras que está por riba so en tres.
O estudo da asociación de directores e xerentes de servizos sociais é contundente na súa conclusión final resaltando un preocupante retroceso que reflexa o deterioro que están sufrindo os servizos sociais no noso país.

 

RETROCESO

Te puede interesar