Remorsos

 “alcaldable” do PP, don José Manuel Rey, está a amosar unha grande capacidade rectificadora. Pode que sexa para demostrar a súa sabedoría, pois din que rectificar é de sabios, ou porque o gusaniño dos remorsos anda remexéndolle nos miolos. Porque non se entende que fale agora de rehabilitar “el área de Recimil”, despois de tantos anos de querer arrasala. E aínda máis, que pretenda “traer de volta a esencia do antigo Bambú Club”, cando foi el persoalmente o principal responsable da súa demolición. Agora propón un “centro social” para contentar a unha inexistente asociación de veciños, desfeita e en bancarrota, despois de ter provocada a desunión e o enfrontamento entre os veciños, co seu proxecto de demolición e reconstrución, que agochaba aquela operación especulativa. Nunca entendín o por que da súa teima persoal contra as “Casas Baratas”. Por iso, oxalá sexan remorsos. Máis coido que, se non hai algún negocio, será outra “tomadura de pelo”. Desconfiado? Pois si. 

Remorsos

Te puede interesar