INTEGRACIÓN

Comeza o curso escolar. A educación pública, un dos alicerces básicos da nosa sociedade, vén soportando nos últimos anos os recortes propiciados desde os distintos gobernos do PP. Agora varios centros de primaria na nosa cidade ven como eliminan equipos de integración, unha ferramenta básica para a vida no colexio pero tamén para mellorar a convivencia nos nosos barrios. Coñezo o tema, como profesor e ata como membro de equipos directivos traballei en centros semellantes. Un labor non sempre ben entendida pero fundamental e ata vital para unha parte da nosa infancia e mocidade. O esforzo realizado neste sentido polos nosos colexios valeulles recoñecemento e ata algún premio. É inadmisible frustrar as expectativas de presente e futuro, xa que sempre son actuacións que precisan de tempo para ofrecer os mellores froitos. Non se equivoquen, é algo importante para todos, vivimos en sociedade, non serve pechar os ollos.

 

INTEGRACIÓN

Te puede interesar