POLÍTICA DE RESISTENCIA

En realidade no BNG convivían e, até de agora, conviven dous proxectos nacionalistas moi diferentes. Para simplificarmos a análise (a risco de non sermos precisos ao 100%) grande parte da UPG, MGS e independentes aliados acreditan nunha opción moi cohesionada internamente, de lento progreso no achegamento a novas capas sociais e moi coordinada coa CIG e outras organizacións sociais do ámbito do nacionalismo. Neste prantexamento a tendencia é máis de resistencia e de nuclear unha forza de oposición rotunda ca de gobernar ou transformar de xeito progresivo. Considérase, dende esta perspectiva, que hai unha parroquia propia e desconfíase da ampliación da base social e mesmo da militancia.

Fronte esta cosmovisión, outros sectores dentro e fóra do BNG acreditan dun outro xeito de facer política galeguista: instalada na centralidade, aberta á sociedade, básicamente institucional e constituíndo unha forte alternativa de poder, orientada a moi amplos sectores da sociedade deste País. Mais este polo, maioritario na candidatura onte competencia da que resultou gañadora da Asemblea Nacional do BNG, non monopolizaba esta alternativa, que resultou heteroxénea de máis e, en último de contas, perdedora por moi poucos votos. Claro é que a vitoria ten moitos país e a derrota é orfa.

Sendo pírrica a vitoria onte da UPG e aliados, non é menos certo que as derrotas orgánicas nunca son doces. E que a UPG resolveu quizais o derradeiro esforzo por lle desputar a hexemonía, o que lle permite xestionar unha organización moi activada que pode gañar apoios na actual recesión, malia que renuncie, como na xuntanza congresual de hai dous anos e medio, a se dirixir dende unha opción central ao conxunto da sociedade galega.

Porén, semella que existe unha sensibilidade abondo ampla para prognosticar que ese proxecto galeguista central,competitivo, moderno e europeo vai estar presente, dun ou doutro xeito, nos próximos anos, cando Galicia (e a Europa toda) se xoga o futuro.

 

A arrancadeira > Por outra beira, Baltar non pasará á historia por achegar idea ningunha á construción social, nin por desenvolver obras ou servizos sociais úteis.

Baltar pasará á historia só pola súa concepción caciquil da política e por ser o autor da máis caluniosa agresión a un candidato (Quintana, do BNG) na historia da democracia, que só unha discutíbel decisión da Audiencia ourensá posibilitoulle eludir o xuizo que decretara a xuiza d’o Carballiño.

POLÍTICA DE RESISTENCIA

Te puede interesar