Inacabada

Confeso que non me preocupa o feito de que a construción de Europa estea inacabada, pois no aspecto político, non hai nada neste mundo cuxa construción pódase considerar acabada. Vemos como os mapas políticos sofren continuos cambios, de países que se xuntan e países que se separan e, o destino de Europa non ten por que ser diferente, tendo tantas culturas, linguas e relixións tan dispares. A min preocúpame máis a inacabada España, a inacabada Galicia e o meu inacabado Ferroliño, onde cada goberno que chega desfai o que fixo o anterior, con razón ou sen ela. Isto de facer e desfacer, ten tamén a outra parte complementaria, que é a de non deixar facer, a de facer chapuzas impresentables ou, sinxelamente, a de non facer, de xeito que todo quede como estaba ou peor, para ledicia duns poucos e desesperación dos cidadáns de ben. E todo dentro da tamén inacabada paciencia do “personal” que, non sei se será a nosa maior virtude ou o noso maior defecto. Quen sabe?

Inacabada

Te puede interesar