Política y modus vivendi

Lonxe de min a funesta idea de meter a todos os políticos na cova de Alibabá onde os ladróns campan as súas anchas e desde onde planifican os seus descarados asaltos, non, aí non están todos os políticos porque xente honrada no gremio habela haina, pero estarán comigo en que a politica se presta a albergar no seu seo a individuos sen escrúpulos, a ladróns de luva branca que se enquistan no sistema e a cabalo da mentira persuasiva á primeira de cambio dan o golpe de man metendo a idem sen ningún tipo de escrúpulo no herario público unha e outra vez namentres din que están aí para defender os intereses do pobo. Como son más patriotas que ninguén, gardan o froito das súas dádivas fraudulentas en paraísos fiscais, fora da súa querida pátria onde o botín está a bo recado e non cotiza. Namentres o pobo permanece ensimismado asumindo este latrocinio como algo consubstancial á gobernanza, aceptando a corrupción como animal de compañía e esperando a proxima oportunidade para darlles autoridade e  así  seguir decidindo sobre as nosas vidas e facendas. Non, non nos levemos a engano: estes están aí á procura do seu modus vivendi. Que non nos falen de vocación, algúns nola venden coma case sacerdotal, pois do que en realidade se trata é  de seguir enchendo a faldriqueira. E polo visto a cousa ten trazas de seguir así. Se un goberno non é capaz de subir as pensións na mesma porcentaxe en que sube o índice de precios ao consumo é que está roubando aos pensionistas, se un goberno pon en marcha unha reforma laboral que permite que as empresas cotraten aos traballadores coma temporeiros por minutos ,horas e días é que está roubando aos traballadores, se un goberno di que todo isto vai vento en popa, que se crea emprego masivo ( masivamente moitos traballadores non chegan nin de lonxe ao salario mínimo establecido por lei) está empobrecendo e enganando á xente, se ata hai ben pouco un mileurista era un “malpocado” e hoxe un privilexiado é que non se están facendo as cousas ben, se un presidente do goberno, coa que está caendo, se sube o salario en máis dun 7% e aos seus membros de gabinete nun porcentaxe parecido, pode que sexa legal pero é indecente e inmoral. Pero isto semella non importar malia estar España, con máis  politicos corruptos que nunca, enferma de gravidade. Na medida en que saibamos xestionar a intención dos nosos votos e afastar a estes parásitos lonxe do diñeiro público pode que nos acheguemos a  vislumbrar unha certa melloría...pode.  
 

Política y modus vivendi

Te puede interesar