Ai, dos que levan na frente unha estrela ! Ai, dos que levan no bico un cantar” (M. Curros Enríquez)
Nos montes de Páramo o 15 de marzo de 1949 caíches baixo as balas do fascismo. Ao teu carón, camarada, entregaron as súas vidas Manuela Teiga, Manuel Pena e José María Castelo. Ben sabías que, alén de tirarvos a vida, agacharían a vosa loita na defensa das liberdades e da República cun manto de terra nunha foxa dun lugar calquera...
Porén, Vicente, o vindeiro xoves 18 de outubro, ás 17 h. no cemiterio de Narón, acompañarémoste para, 69 anos despois, romper o silencio (aínda hoxe en día fican milleiros sen recibiren a homenaxe debida). Para estarmos cos que sufriron o terror. Sumar as nosas voces ás de Antía, Pim, Fiodora e Aldán. E reivindicarmos as Repúblicas.
O setestrelo acompaña aos que loitan. Aos que seguen o ronsel dos amenceres e solpores. De ti , dos teus, aprendemos que Sempre haberá unha alborada.