APARCADOIROS

Un caos, non cabe outra definición para o que está a acontecer arredor dos aparcadoiros na nosa cidade. Non o digo eu, o mesmo alcalde baixo unha fórmula máis “literaria” tivo que recoñecer a situación. Non me quero referir exclusivamente ao feito puntual, aínda que importante, do desastre viario xerado polo pintado das distintas zonas habilitadas para o asunto.
A improvisación, a falta de planificación conxunta, a diminución de servizos en sistemas alternativos como poida ser o transporte público ou de potenciar a utilización de medios ecolóxicos como a bicicleta é a marca da xestión do equipo de Rey Varela. Asistimos nestes tres anos a rúas peonalizadas de forma vertixinosa pero que de xeito aínda máis rápido perdían esa condición. Oímos falar de aparcadoiros subterráneos case en cada praza da nosa cidade. Todo iso ás costas da oposición e o que é máis importante do conxunto da cidadanía.

 

APARCADOIROS

Te puede interesar