Saír desta agonía

Adespoboación de Ferrol era motivo do debate público, estes días. O alcalde negaba que os habitantes da cidade fosen 69.300 como di o Instituto Galego de Estadística, afirmando que son 70.549. Sorprendido, ó parecer, afirmaba que “algo hai que cambiar”, e suxería recuperar o sector naval, aproveitar o porto e potenciar a producción da ría. ¡Que lástima que se entere  agora, despois  de catro anos!
Francamente, o debate é, ¿por que a poboación ven disminuindo dende hai anos, sin que os diferentes gobernos puxesen remedio? ¿Por que, en estes perto de catro anos, a caída é dunhas 4.000 persoas? ¿Por que, a perda de valor do patrimonio de todolos ferroláns, individual e colectivo? ¿Por que non quixeron enterarse antes, do empobrecemento xeneralizado?.
Como di algún dos expertos, pode influir que algúns fosen a Narón, na percura de vivenda máis barata, ou que emigrase un número significativo de militares. Incluso, que non se atendera a política demográfica, para chegar agora o número de habitantes máis baixo da historia. Algúns fóronse e  manteñen o empadronamento. Exemplos familiares teño.
Si, é certo, ¡estamos coa poboación máis baixa da historia! Pero isto non caeu do ceo. Vexamos: Os partidos que gobernaron no Estado o longo da transición, adicáronse a dicir unhas cousas mentres estaban na oposición e o contrario cando tiñan nas súas mans o goberno, utilizando subterfuxios. O desenvolvemento económico necesario, pasaba por promesas casi sempre incumpridas. Incluso, cando cargamos coa maioría dos costes por catástrofes no mar, outros sacaron rendabilidade, construíndo enormes infraestructuras, e os nosos prevostes mirando para outro lado.
As comunicacións por autovía, chegaron cando o consideraron útiles para eles, e incluso, se desviou a do Cantábrico, para favorecer a outros e impedir que conectásemos coa costa de Lugo. O tren a Prioriño, é utilizado unha vez tras outra, cando chegan as eleccións.
Desplazouse parte importante da Armada, sin que se puxesen en marcha iniciativas que paliasen as consecuencias.
Calquera podía prever que, con actuacións así, acabariamos onde estamos. ¿E onde estamos hoxe?
En primeiro lugar,  con un sector naval paralizado e no camiño da desaparición. Primeiro, renunciando a él, na negociación con Europa, que paralizou Astano e deixou achatarrar a súa maquinaria. Incluso, agora que se podería construir para o sector civil, carecemos de proxectos, cumpríndose  a sospeita de que ó PP non lle interesa o sector naval público. Segundo, deixando que a Bazán fose perdendo boa parte das súas capacidades, en un proceso de privatización da súa tecnoloxía, prescindindo de capacidade profesional, para privatizar beneficios a traveso da subcontratación. E na práctica, deixándoa que se fose descompoñendo, carente de proxectos, sin aportación do Goberno de novos contratos, e deixando que algúns pertencentes a empresas españolas, fosen a Asia. O que pasa con Pemex, e a demostración de que nos últimos anos, xogaron con nos, coma unha peonza.
En segundo lugar, a ría de Ferrol. E sabido que os dous grandes partidos estaban de acordo en facilitar que a ría fose lugar de emprazamento de industrias porcas.
Por iso, instalouse a planta de gas, na que estaban involucrados varios partidos, coa excepción de Esquerda Unida. Así o recolle un libro dun conselleiro de Pesca do PP. Pero aínda máis, non se fixo nada por saneala, senon que, se pretendía ocupar ainda máis espacio para novas instalacións industriáis. O aproveitamento marisqueiro é limitadísimo.
E en terceiro, o porto. Máis atentos á perspectiva de privatizalo que a construir unha plataforma para o transporte internacional de mercadorías. A construción do porto de A Coruña, foi outra iniciativa de competencia co que aquí xa estaba en marcha, acordado entre os dous partidos alternantes no goberno do Estado.
Incluso, na actualidade, os recursos que deberan atender ás necesidades da poboación, son adicados a “hermosear” a cidade, en tanto, cerran cada día comercios, un tras outro, expulsando ó paro a traballadores que levan toda a súa vida aí. Nas calles aparecen por todas partes pobres de pedir, sin que se promovan medidas que den solución á súa situación desesperada. Claro que tamén se alimentou a proliferación de areas comerciais, acabando con productores e comerciantes. E seguimos no mesmo camiño.
Si, algo hai que facer. O primeiro consiste en cambiar o goberno municipal, ensimismado nos cantos de sirena e ausente da realidade. Porque este goberno é subsidiario e da soporte a quenes aplican as políticas de recortes na sanidade, ensino, pensións, dereitos e libertades; cómplice da banca no roubo de preferentes, acribillado por casos de corrupción.
Temos que conquerir concellos ó servicio dos cidadáns, que garanten os dereitos básicos como a alimentación, auga, vivenda, sanidade, ensino, electricidade … Que recuperen para todos os servicios básicos hoxe privatizados para beneficio de uns poucos. Que tomen medidas urxentes cara ó paro galopante, xenerando alternativas asequibles ós concellos, ademáis da promoción económica e industrial.
Claro que esto soio pode vir da man de quenes, comprometidos co a maioría da sociedade, veñen promovendo os movementos sociais, xunto coas forzas políticas progresistas. E non cabe enganarse, sin o compromiso directo dos cidadans, non hai saída.
Non vai ser posible da man dos vellos aparatos, precisamos candidatura e programa elaborados de forma aberta en contacto directo coa inmensa maioría que padece esta situación. Unidade e compromiso cidadán, son indispensables para producir un cambio político de fondo. Non actuar así, conduce o fracaso colectivo.
Si, algo hai que facer, cambiar de verdade, contar con todos. E é urxente.

 

Saír desta agonía

Te puede interesar