FESTA PCE

Esta fin de semana milleiros de persoas das esquerdas, xentes do común que compartimos nas rúas as loitas pola educación pública, a sanidade universal e gratuíta, os dereitos da clase traballadora esmagados nos ERES e as rebaixas salariais; en resumo, activistas da gran maioría social  imos compartir o espazo reivindicativo da Festa do PCE. Nesa Festa se achegan  razóns críticas e complicidades fraternas que constrúen de vagar, dende hai anos, esa ferramenta da unidade para facer fortes ás persoas traballadoras; entre músicas e libros, entre risas e natureza, celebramos a cerimonia de recoñecérmonos distintos e partícipes dunha arela común, a de construír unha sociedade onde a vida sexa máis fácil. Para iso van todos os nosos afáns e traballos e cando imos a unhas eleccións, que serán constituíntes aínda que lles oculten  ese título, imos ser quen de construír un gran acordo social e político, de base cidadá, para acadar esa unidade que multiplica, a unidade popular,  a forza compartida para gañar unha vida con dereitos, benestar e dignidade.

FESTA PCE

Te puede interesar