Aniñar

|

Afinais dos anos 70 nas nosas comarcas a atención psicosocial especializada a menores semellaba unha paisaxe practicamente erma, deserta. Ante as dificultades que moitas familias tiñan para afrontar a crianza e a escolarización dos seus fillos e a falta de medios producese unha iniciativa comunitaria denominada espazo reeducativo. Con esta semente un grupo de proxenitores con valor, determinación e unidade deciden plantar unha árbore nova no ano 1980 baixo as siglas de Aspaneps. 
Co tempo foi medrando, ramificando e fortalecéndose con centros, servizos, programas e profesionais que atenderon as novas necesidades da saúde mental infanto-xuvenil. O pasado mércores tiven a honra de acompañar ao colectivo no vintecinco aniversario do seu centro ocupacional para decirlles que a súa foi a millor árbore na que aniñar procesos de promoción, desenvolvemento e autonomía para miles de nenos e nenas. 
 

Aniñar