ODIO

Como o meu coñecemento da xurisprudencia ou das leis españolas en xeral non é gran cousa, non sei se iso da “incitación ao odio” é cousa nova ou se xa estaba recollida na lexislación vixente. O caso é que xa escoitei en varias ocasión esa frase, relacionada con certas actividades de protesta, o que me fixo matinar sobre a posibilidade de ampliar o seu significado a outros ámbitos distintos aos que se adoita aplicar. 
Por exemplo: podería ser incitación ao odio, o feito de deixar sen traballo a un padre de familia? Ou, sería incitación ao odio botar da súa casa a unha familia, por non poder pagar a hipoteca? E aos que non teñen pan e teito? E, que pasa cos incumprimentos de sentencias firmes? Non será incitar ao odio a aqueles que se senten enganados e estafados? A min isto paréceme moito máis grave que o que poida xurdir dun insulto ou dunha protesta máis ou menos xustificada. Claro que, seguramente esa ampliación non sería “axustada a Dereito”, así que... 

ODIO

Te puede interesar