FAME PARA MAÑÁ

Unha das boas bibliotecas e hemerotecas que hai en Galicia é a do Museo de Pontevedra, que, como tal, é tamén de visita imprescindible para os amantes das artes. Cando comecei a preparar a tese de doutoramento –hai xa preto de corenta anos– viaxaba con frecuencia á boa vila, que dá de beber a quen pasa, para as pertinentes consultas bibliográficas e hemerográficas. Seguín sendo asiduo visitante dese centro e de Pontevedra para outras cousas, mais as restricións circulatorias –tanto de autos como das miñas veas e arterias– bótanme para atrás e xa hai anos que non vou. En Ferrol pásame outro tanto. Cada vez visito menos o centro e menos que o visitarei. De sempre pensei que hai que facilitar o acceso da xente ós comercios para que logo os compradores consuman un algo nos establecementos hostaleiros próximos, non ó revés. Peonalizar rúas para poñer “terrazas” pode contribuír a avanzar na morte definitiva da actividade comercial do barrio da Magdalena. Ó tempo. Meditemos.

 

FAME PARA MAÑÁ

Te puede interesar