Non abonda só con declaracións

Malia as limitacións da pandemia a contestación laboral e social mantén unha presenza constante, por exemplo contra o peche da sección de aluminio en Alcoa (darán unha saída a dirección e o SEPI?). Porén tamén pola carencia de alternativas para Endesa, a falta de carga de traballo no estaleiro de Navantia, ou o peche de Gamesa. Os atrancos impiden a realización de manifestacións nacionais masivas que serían respostas necesarias (unha folga xeral?).

Non son as únicas empresas que se atopan cun futuro incerto, e pódense perder moitos postos de traballo. Unha situación que a pandemia do covid19 nuns casos acelerou e noutros utilizase como escusa para reestruturar ou pechar, ou trasladar a produción a países con custes máis baixos. Todas elas son empresas do sector industrial, polo que teñen un carácter dinamizador do tecido produtivo, xa que empurran pola actividade primaria e de servizos. A centralidade que aínda cumpre a industria, malia a cada vez maior importancia do sector tecnolóxico, resulta tamén evidente nun salario medio superior a outras actividades. 

Vexase que as empresas afectadas responden a sectores nos que o noso país ten unha longa tradición exportadora, como son a enerxía, naval e aluminio, entre outros, polo que significaría un golpe moi difícil de superar. Tería un impacto negativo especialmente na comarca de Ferrol, que leva varias décadas soportando un desmantelamento que se repite ciclicamente, e sen proxectos alternativos. 

Non é unha problemática que se poda tratar illadamente, xa que súas consecuencias afectan a toda a povoación das comarcas na que están localizadas, e por extensión toda a nación galega. Sendo así: para evitalo cales son as alternativas a medio e longo prazo ten a Xunta de Galiza? Cales son ás esixencias que exerce o Governo central e propostas que fai? Tratar cada caso como algo individual é necesario para a resposta concreta, porén resulta totalmente negativo non darlle ao problema a dimensión xeral que ten respecto da economía e do futuro do país. 

Madrid pide 1.400 millóns en subvencións pola desfeita da tormenta. Non sei se é xusto ou unha esaxeración (é moito diñeiro). Agora ben, a perda das empresas nomeadas tería un impacto sobre a economía galega que transcenden a conxuntura, e non vexo a mesma preocupación. Sen dúbida temos que vender mellor a realidade, nen a Xunta parece alarmada, para alén de tomar nota de cada caso déuselle unha resposta de mínimos. Ou se cadra sexa basicamente que os problemas da Galiza son secundarios no Estado Español.

Non abonda só con declaracións

Te puede interesar