Por favor, compareza sr. Presidente

PMG e Francesc Gibert. Quédense con estes dous nomes. Poden chegar a facérsenos moi familiares aínda que para a maioría de nós son auténticos descoñecidos. KPMG foi a consultora que realizou a “auditoría”  na que se apoiaron os dirixentes do PP e o presidente Núñez Feijóo para levar a cabo a fusión de Caixa Galicia e Caixanova. Realizárono nun mes e facturaron un millón de euros. E Francesc Gibert, un dos responsábeis do devandito informe, ven de afirmar no Parlamento en Madrid que non era unha auditoría senon que “un diagnóstico acelerado” e que nel tampouco se recomendaba a fusión.
 Estes dados aportan información substancial descoñecida. E obrigan a unha reflexión e explicación pausada na comisión pertinente do Parlamento.  O 1.000,000 de euros que nos custou e as consecuencias da decisión que se tomou en base a ese informe esixen explicacións. Mentíu o presidente de Galicia? 

Por favor, compareza sr. Presidente

Te puede interesar