Borrado

Oasunto dos ordenadores do PP podería definirse, con palabras de García Márquez, como a crónica dun borrado anunciado.
Efectivamente, despois dos indicios da dobre contabilidade aparecidos en diversos medios de comunicación, habería que ser moi parvo para pensar que os ordenadores do PP ían aportar algunha proba da ilegalidade do seu financiamento. Facer desaparecer toda posible información era indispensable, non para demostrar a honradez dos altos cargos do partido, cousa que non están obrigados a demostrar, senón para seguir a táctica do sr. Rajoy, segundo a que, “ninguén poda demostrar que non son inocentes”.
Por se fose pouco, os responsables dese acto, sabedores da posibilidade de que algún especialista fose quen de recuperar a información borrada, curáronse en saúde, destruíndo os discos duros.
Fiscais e xuíces teñen agora por diante a difícil tarefa de descubrir ao autor do borrado e a quen deu a orde de facelo. E por suposto, ditar as medidas pertinentes.

 

Borrado

Te puede interesar