ESTADO DA AUTONOMÍA

O Parlamento de Galicia ven de celebrar un novo Debate do Estado da Autonomía, e fixémolo, por primeira vez dende o ano 2008, co PIB subindo e co paro baixando, coas exportacións crecendo, e coa previsión de que, por primeira vez dende o inicio da crise, os orzamentos da Xunta de Gaicia parao  2015 serán maiores que ós do ano anterior. Son os indicadores macroeconómicos da recuperación da economía galega, logo de catro trimestres consecutivos de crecemento económico. Unha recuperación que parece incomodar ós grupos da oposición, ó PSOE, ó BNG e a AGE, que pensan que canto peor lle vaia a Galicia, mellor lles irá a eles. Sen lugar a dúbidas, están trabucados.
Moléstalles que Galicia sexa a única comunidade que non tivera que acudir ó Fondo de Liquidez Autonómica (FLA). Moléstalles que Galicia sexa a cuarta comunidade na que máis baixou o paro no que vai de ano. Moléstalles, tamén, que Galicia sexa a segunda comunidade na que menos medrou a débeda pública durante a crise.
O Debate da Autonomía amosounos un país en recuperación. Unha Galicia que hoxe ten 22.500 parados menos que hai un ano. Un país no que, pese a crise, se teñen máis de 1.100 novas prazas en residencias de maiores, 1.500 prazas  en centros de día, 880 en centros de discapacidade e centros especializados en alzheimer, e máis de 3.500 novas prazas en escolas infantís. Un país que pode presumir de seren a comunidade coas taxas universitarias máis baixas de España, e que hoxe conta con 10.000 novas prazas de comedor escolar que non había antes da crise, ou que incrementamos en 15.000 as prazas ofertadas en formación profesional dende o ano 2009 para ofrecer unha segunda oportunidade ós mozos que abandonaron os seus estudos.
Esa é a Galicia que se esforza por sairmos da crise. A Galicia que avanza co esforzo de todos os galegos. E que non entende a postura dos partidos políticos que adican todos os seus esforzos á confrontación política e a crispación. Queda moito camiño por andar todavía para seguir baixando as taxas do desemprego, pero o certo é que Galicia avanza na boa dirección, pasesiñamente, pero na boa dirección, por moito que lles pese, ós que agardan que a Galicia lle vaia mal, para que a eles, lles poida ir mellor.

 

ESTADO DA AUTONOMÍA

Te puede interesar