Imaxina

Un destes días pasados lin unha entrevista con Brad Pitt. Sorprendeume a resposta á última pregunta e, consecuentemente, anoteina. O actor de Oklahoma contesta á cuestión de se imaxina Donald Trump na Casa Branca: “¡Noooo, noooo! No puedo creer que hayamos degenerado tanto como para que Trump pueda alcanzar la Casa Blanca. Me niego a creerlo. América no puede permitir que eso suceda. El propio Partido Republicano no puede permitirlo. Si es el candidato republicano, habrá que hacer una gran movilización para impedir que llegue allá”. Eu, pola contra, si podo crelo. Non sei se Pitt acreditaría en que un partido e un presidente que literalmente machacaron socialmente á inmensa maioría dos habitantes dun país puidesen ser os máis votados. E isto acaba de suceder en España. Asombroso. O da perda da maioría absoluta ou o de se van seguir gobernando ou non son outras historias. O feito incontestable é que tiveron máis votos que ninguén. E de repetirse as eleccións sacarían máis. E podería imaxinar que Mas pretenda seguir presidindo a Generalitat a toda costa? Pois está acontecendo.

Imaxina

Te puede interesar