A libranza económica para coidados no entorno familiar é unha das prestacións que oferta dende 2007 a lei de Dependencia. Na etapa do bipartito foi a máis elexida pola veciñanza galega, e tamén a que contou con maior número de aprobacións favorables da denominada entón Vicepresidencia da Igualdade e Benestar. Naquela época primaronse as libranzas económicas sobre os servizos tales como axuda no fogar ou prazas residenciais.Co cambio de goberno na Xunta o criterio foi inversamente proporcional; peso preponderante para os servizos e derivados á extinción os apoios económicos familiares. As decisións teñen loxicamente consecuencias. As persoas en desemprego –relevancia de mulleres– que queren traballar e cotizar por coidar ós seus parentes dependentes, atopanse coa negativa de alta da Seguridade Social, por non ter a resolución acreditativa positiva da Consellería de Traballo e Benestar.