Esperas

|

É coñecido por todos a existencia de listas de agarda no ámbito sanitario. O propio servizo galego de saúde na súa web informa do número de doentes de cada sección e do tempo de espera media para o acceso. No social tamén existen atrasos aínda que ninguén reflexe con certa periodicidade en plataformas propias a realidade da situación das intervencións. O certo é que na administración autonómica prestacións como a renda de integración acadan entre 6 e 8 meses, o recoñecemento do grao de discapacidade supera o ano,e a valoración do grao de dependencia e o incio do recurso asignado pode chegar a varios anos. Nas entidades locais, maiormente nos grandes concellos, hai verdadeiras emerxencias sociais que tardan demasiado en resolverse. Sirva de exemplo Ferrol, onde en certos barrios como os ensanches ou Recimil a cita previa so para ser recibidos polos servizos sociais xa acada os tres meses. 

Esperas