E agora os xubilados

|

A altura do 2017 o FMI anunciaba que todos aqueles que se xubilaran a partir dese ano perderían un 30 por cento  do seu poder adquisitivo ao longo da súa prestación. E para lograren ese obxectivo as pensións só poderán ter subas do 0,25 anual até o ano 2050. Asemade após o 2019  aplicarase un factor de sostenibilidade que suporá outro elemento de recorte. Alén diso, os galegos debemos ter en conta que as nosas pensións están un 15% ou 20% por debaixo da media do Estado por termos salarios máis baixos. E as mulleres? As máis prexudicadas por teren unha vida laboral precaria e salarios muito máis baixos: na actualidade 1 de cada 4 mulleres maior de 65 anos está por debaixo do nivel de pobreza. Péchase o ciclo. No consello de M. Rajoy (deben ahorrar) resúmese o obxectivo:  desmantelar as pensións públicas e barra libre para os plans privados.  O horizonte, de non sermos quen de mudar o rumo, é desolador. 
 

E agora os xubilados