(P) Apelón

Si, resulta extraño o papel da alcaldesa  de Mugardos no entremés a conta da decisión de converter o antigo colexio infantil  Apelón nun cuartel da guardia civil. A posición explícase  na necesidade de fornecer dun equipamento a un corpo que depende do Ministerio do Interior e  no acordo tomado polo goberno previamente censurado. Esquece a rexedora que o Ministerio do Interior ten para si proprio un orzamento para estes menesteres. E como  xa  empeza a ser habitual, nos gobernos chamados do cambio nesta comarca, na obriga de  materializar, como se careceren de alternativas proprias, decisións do Pp. Alén do recurso a “conspiracións”  que non aclara quen e onde se organizan. 
E, entre tanto,  veciños, o claustro de profesores e parte do goberno apoiando á alternativa de acadar que a biblioteca se sitúe nun lugar amábel, con luz natural e amplo: unha biblioteca do s. XXI para os cidadáns: o Apelón.

 

 

(P) Apelón

Te puede interesar