Coido que a decisión do Goberno en funcións sobre o caso Reganosa non ten xustificación posible, pois segundo os fallos do Tribunal Supremo, aquí se fixo algo ilegal. Xa que logo, a saída do sr. Feijóo na defensa de semellante falcatruada, colócao nunha posición desairada, por recorrer ao “escapismo” para xustificar o inxustificable. Así, o presidente trata de escapar da realidade, falando da importancia estratéxica da planta; de manter o subministro de gas por ser importante para o país; de que a Xunta é accionista e da necesidade de manter a actividade dos estaleiros públicos na reparación dos gaseiros. É dicir, toda unha serie de desculpas totalmente alleas á realidade. Porque o problema real non é a planta de gas, senón a súa situación. Porque, coa planta fora da ría, ningunha desas xustificacións sería necesaria. E xa vai sendo hora de que se decate e comece a pensar en cambiala. Así que, a traballar home, que xa é hora! Planta de gas fora da ría! Xa!