Aacción política dos soberanistas colocou na axenda internacional o problema catalán e logrou que a imaxe da xustiza española ficara seriamente tocada na UE e a ONU. Fican,pois, desautorizadas as medidas represivas que manteñen en prisión e no exilio aos líderes soberanistas catalás e o coro de voces que encheu de grosos cualificativos e ameazas os medios de comunicación . Porén, aquelas que foron quen de manter, ante tanta gritaría, unha posición cargada de dignidade democrática adquiren maior relevancia.
Nesta liña incide Barley, ministra alemá de xustiza, cando expresa con claridade que o Estado español debe ir alén do estritamente xudicial e procurar a solución nas vías políticas.
E estas parecen abrirse camiño de se confirmar que o goberno español non vai presentar recurso para anular a decisión da mesa do Parlament que permite votar por delegación a Puigdemont e ao deputado Toni Comím.