MAREA

En todas as “casas” hai xente máis ou menos entusiasta de chegar a un grande acordo da esquerda real para conformar un programa de mínimos e unha candidatura con solvencia para levalo adiante. Non falo unicamente de organizacións, outros colectivos e cidadáns en xeral que dedican tempo e pensamentos ao asunto manteñen posicións ben variadas sobre tal cuestión. Pola miña banda eu téñoo claro, está é unha oportunidade única e máis alá de abandonos puntuais o conxunto da cidadanía demándao. É a nosa obriga xerar os instrumentos necesarios para que iso sexa posible e niso estamos. A Marea pode ser un bo lugar para empezar a construír de xeito aberto e construtivo. Se algo non sae ben teremos que volver intentalo. Os próximos meses son fundamentais e seremos xulgados durante moito tempo por como afrontamos cada un este momento.  Por iso volvo pedir, con forza, un esforzo para conseguir a necesaria unidade.  

 

MAREA

Te puede interesar