DEVEZO

Como entre as promesas que me fixen figura a de negarme a participar neses shows chamados facebook, twiter e similares, tiven que recorrer a quen si os usa de cando en cando para pode coñecer tal cal o xa afamado tuit que largou Rajoy na tarde do 31: “Mis mejores deseos para 2015. Gracias a los que ayudasteis en lo más difícil. España ya sale. Seguimos con la fuerza de siempre”. Lido, reafirmeime no de continuar sen me apuntar, pois para ler tonterías como esas non é preciso andar en rede ningunha. Como home, que din, de fortes conviccións relixiosas, don Mariano ten que saber, máis que de cor, que o seu octavo mandamento fala de non mentir, que ven sendo dicir algo falso coa intención de enganar, e de que a mentira é máis grave cando se fai publicamente. Mais como abonda a impunidade... En Pontevedra, falou tamén de 2015 como ano de despegue definitivo. Confiemos en que se referise ó seu e ó do seu partido cara lonxe do poder. Porque o precisamos, deVecémolo.

 

DEVEZO

Te puede interesar