O Patrimonio da Humanidade

eica o tema do Patrimonio da Humanidade, ten moita máis miga que códea e segue a dar que falar, aínda que, para a xente da rúa non parece ser de maior importancia e que mirarían con mellores ollos unha decisión estatal, desde o Ministerio de Defensa, para devolver á cidade, sen custos, o patrimonio ferrolán que, sen pagar impostos, aínda conserva aquí. Hai que admitir que Ferrol debe colaborar na defensa nacional, pero esa colaboración non ten por que ser maior que a das demais cidades do país. A min gustaríame saber cantas  cidades colaboran como a nosa na defensa de España. E que non me veñan co conto dos cartos para os buques de guerra, pois estamos fartos de saber que a Ferrol só chegan as migallas, mentres o groso vaise na chapa, nos cables, na pintura, nos equipos eléctricos, electrónicos e en moitos outros compoñentes. Pensan que nos fan un favor, pero non nos deixan facer barcos mercantes. Se cadra, teremos que comezar a dicir que “Defensa nos rouba”, nonsí?

O Patrimonio da Humanidade

Te puede interesar