DECLARACIÓNS DE BENS

Non estou eu a favor de que diputados, concelleiros e outros cargos electos fagan pública a súa declaración de bens mobles e inmobles. Non deixa de ser un trámite sen fundamento xa que tampouco se divulga o patrimonio acumulado durante a súa vida de servizo á cidadanía, aínda que debería facerse, pero quen se acorda de reclamalo? Os novos concelleiros ferroláns chegaron á política con catro patacóns na súa conta corrente, así que se saen dela con sete haberá que pensar que se fixeron de ouro. Pero non é así, a quen habería que fiscalizar as súas contas e patrimonio son aos que se pasaron longos anos nun concello e que agora viven de rendas ou exercen o oficio de caseiro, pero naquela época se estilaba a máxima de salpicar cando un se lavaba. Tambén hai quen, como vimos de coñecer en Ferrol, toma a declaración de propiedades como unha broma e unha falta de respeto ao resto da corporación que fai un denudismo financeiro cara ao público.

DECLARACIÓNS DE BENS

Te puede interesar