SORPRENDENTE

Os xornais traen ás veces novas que deixan ao lector “desnortado”. Así me pasou a min días atrás cando lin que a consulta de Pedro Sánchez aos militantes socialistas era un motín das bases contra os seus dirixentes. Sorprendente, non si? Porque, imos ver: se Democracia é o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo, quen en realidade teñen que dirixir son as bases e, xa que logo, aquí parece que quen se está amotinando son os chamados “dirixentes” contra as bases, pretendendo facer o contrario do que os militantes queren. Coido que hai un grave problema de interpretación da democracia, entre algúns dos “pesos pesados” do Partido Socialista cando declaran a necesidade da alianza co Partido Popular. Semella que non rematan de entender a mensaxe dos seus militantes e de moitos votantes máis. Lembren que máis de dezasete millóns de votantes dixeron nas urnas que non querían un goberno do PP. Entón, motín de quen, e contra quen? Eu xa non entendo nada!!   

SORPRENDENTE

Te puede interesar