DEUS DEA A QUEN BOTARLLE A CULPA!

Dende o principio dos tempos a mentira foi unha arma para acadar beneficios ou vantaxes. E grazas ao seu uso, algúns acadaron dende victorias electorais, ata batallas e coroas coas que seguir mentindo, dende a impunidade que lles da a facilidade coa que a memoria colectiva limpa os seus arquivos, e fai tabula rasa para empezar de cero sen pasado nin rencores.

Antes, cando a política tiña palabra e compromiso, o que quería peixes tiña que mollarse o cú; o que cruzaba un río saía mollado e ben que se lle notaba… hoxe, os que dixeron que nunca subirían os impostos, subíronos e non pasou nada. Os mesmos dixeron que non tocarían nunca á Sanidade nin a Educación, e fixérono. Esos, que anunciaron ían quitar as peaxes da AP-9 en Pontevedra, agora cobrarán peaxes ata nas autovías. Os dirixentes populares que asinaron que nunca subirían o IVE e fixeron unha campaña brutal no seu día, agora anunciaron xa que a principios de ano subirán o IVE, total como temos o máis baixo de Europa…

Todos aprendemos de pequenos que a mentira podrida é un gran saco sen fondo no que caben moitas mentiras podridas, as que xa se fixeron e as que aínda quedan por chegar. Asistimos con decepción ás consecuencias dunha realidade falseada para gañar unhas eleccións. E un venres sí e outro tamén, Rajoy e o PP rompen con algún outro compromiso. Pero non son culpables… Aprenderon dende pequenos que o único importante e ter algúen a man a quen poder botarlle as culpas.

DEUS DEA A QUEN BOTARLLE A CULPA!

Te puede interesar