PEPE CHAO NA MIÑA MEMORIA

Durante anos, penso que dicir Santa Marina levaba, indefectiblemente, ou case, a dicir Chao Rego. Porque se Santa Marina era Chao Rego, tamén Chao Rego era Santa Marina. E non se crea que esta identificación era algo específico da nosa cidade ou, mesmo, da comarca da que Ferrol é cabeceira. Excedía, con moito, esa contorna, como tiven oportunidade de descubrir, aquí ou acolá, nos círculos nos que me movín, que nunca, nin social nin ideoloxicamente, foron sectarios. Hoxe en día entendo que isto xa non é así, que hai milleiros de xentes ferrolterrás que non coñecen o nome deste egrexio chairego. Ata certo punto normal porque Pepe Chao hai ben anos que deixara a cidade e, loxicamente, a parroquia na que, en tantos aspectos sociais, traballara. Seino ben porque tivo moita relación con meus pais, ceaba con frecuencia na casa, convencera a miña mai de que se fixese –como así foi– teóloga. Era para min unha persoa querida, coa que tiven trato ata que o párkinson acabou por recluílo. Testemuña son as pedras de Compostela. Os bos non deberían morrer

PEPE CHAO NA MIÑA MEMORIA

Te puede interesar