Proliferación

 número das organización políticas en Ferrol medra dun xeito espectacular, case a mesma velocidade que mingúan as asociacións veciñais, culturais e deportivas. Matinando nesta proliferación de aspirantes a cargos políticos, poderiamos chegar á conclusión de que tal fenómeno pode ser debido á falta de traballo na comarca, que obriga a algúns a buscar ingresos a conta das arcas públicas. Isto non tería en si mesmo, nada de censurable, pois todo o mundo ten dereito a buscar as súas fabas. Mais o problema é que, entre tanto aspirante, cólanse algúns ineptos, que cando chegan a o cargo ansiado, demostran a súa total falta de preparación. Xa que logo, habería que organizar uns cursos de formación cívico-social, de oratoria, de saber escoitar aos veciños con paciencia e humildade e de saber estar en cada ocasión de representar á cidadanía, mesmo cando se trata de situacións contrarias ás propias ideas ou crenzas. E sempre con moito respecto. Digo eu, claro, pero... 

Proliferación

Te puede interesar