Crecemento e desenvolvemento

esde sempre se nos dixo, que crecer e desenvolverse son dous paus da mesma moeda. Repitesenos por activa e por pasiva que sen crecemento non ha desenvolvemento. Algo totalmente falso e onde seria lóxico primeiro de nada saber que significa crecer e sobre todo desenvolverse. Se miramos como esta na actualidade o planeta votando unha mirada crítica desde 200 anos ata hoxe en día e intentando ser todo o obxectivo que poidamos, poderemos observar con certeza que este desenvolvemento non foi tal e máis ben é sub-desenvolvemento
A día de hoxe o planeta que imos a deixar aos nosas crianzas actuais, vai ser un planeta totalmente colapsado e cunha desfeita medio ambiental provocada pra o único fin;o de crecer economicamente algo que tampouco é real. As futuras xeracións vanse atopar uns mares cheos de lixo fundamentalmente plástico, elemento que leva con nos menos de cen anos e xa supón un dos desastres medioambientais máis grandes despois do cambio climático. Uns mares que son o pulmón máis grande que ten a Terra, totalmente descoñecidos e onde a perdida de biodiversidade vai facer que nunca coñezamos de todo o seu funcionamento conxuntamente co resto do planeta. Vanse atopar unha deforestación de máis do 50% da superficie arborada do planeta, con todo o que isto supón en perdida de biodiversidade, quer vexetal quer animal. Vanse atopar un planeta con a maior parte dos seus recursos esgotados ou cerca do límite, consecuencia de unhas sociedades que soamente representan ao 20% da humanidade as cales, fan do desbalde o seu lev motiv. Vanse atopar un clima totalmente cambiado, onde a vida dos futuros habitantes vai ser totalmente diferente a nosa e onde o coñecemento da Terra que eles teñan, diferira en unha parte moi importante, co coñecemento que termos nos na actualidade.
Se analizamos todo isto, veremos que a frase esa que repiten sobre todo os nosos políticos de que somos unha sociedade desenvolvida non se corresponde coa realidade. Tampouco é certo que non quedou outro remedio que contaminar pra poder crecer economicamente. E indubidábel que o pago que van ter que soportar as futuras xeracións e que tamén sufrimos nos por este suposto de contaminar pra crecer, será moito maior que o PIB máis alto que puido ter o conxunto da humanidade en toda súa historia. Na maioría das veces, as desfeitas medioambientais que producen as nosas grandes compañías pra obter os recursos, ten economicamente máis valor a riqueza do que se destrue, que os recursos que se obteñen. Porque se miramos o valor do que xera a natureza nos servizos que nos brinda (reguladores do clima, das precipitacións, das reservas de auga doce, da fertilidade dos chans, de fonte de recursos pra centos de millóns de persoas que practican a economía da subsistencia, de fonte futura de medicamentos,fornecedora de todo tipo de alimentos ect....) isto hoxe en día nin en un futuro inmediato, poderá ser reposto con diñeiro por moita tecnoloxía que podamos desenvolver, se é que algún día a desenvolvemos.
Porque na actualidade, por crecer o significado máis acaido como dicía un intelectual creo recordar nun dos libros do economista galego Albino Prada, significa facendo unha comparación coa anatomía, ter cada vez uns estómagos máis grandes que dixeren cada vez máis recursos, mentres que desenvolverse significa, eses estómagos facelos cada vez máis eficientes pra deste xeito, consumir cada vez menos recursos obtendo máis enerxía. Porque como vostede entendera un crecemento ilimitado nun planeta finito é totalmente imposíbel por moito que nos digan, eses grandes economistas do sistema. Eses que desde un tempo a esta parte, falannos da eficiencia como solución aos males medio ambientais do planeta. Mais poñendo un exemplo doado de entender: se cada vez facemos aparellos pra casa menos demandantes de enerxía mais a vez, ano tras ano aumentamos o número de aparellos que necesitamos, pra que vale entón a eficiencia?.
Podemos falar tamén como este suposto desenvolvemento non foi igual pra os diferentes povos do planeta. Polo xeral os povos máis ricos é dicir, os povos con grandes cantidades de recursos naturais e que son ao mesmo tempo os povos máis empobrecidos o que nos chamamos desenvolvemento aínda non chegou, máis están a soportar os maiores atentados contra o seu medio ambiente e saúde laboral, salarial e de dereitos das traballadoras-es, por parte das nosas gloriosas empresas.
En definitiva o crecemento dun país non o reflicte o PIB. Ao revés, o PIB reflicte o peor que estamos a facer o planeta medio-ambientalmente, o peor que estamos a facer aos seres humanos como forza de traballo, o peor que estamos a facer repito as persoas, as familias cos diferentes velenos deste sistema económico ect... Porque o crecemento, o desenvolvemento non se poden medir polo número de novos millonarios que rexistra cada ano os países, nin polo número de carros de luxo que se venden, nin polo número de urbanizacións exclusivas que se construen. O crecemento, o desenvolvemento dunha sociedade o da, a calidade das relacións humanas entre iguais, o da cando as poboacións acceden a cultura como norma, o da a calidade do sistema educativo, o da a calidade dos nosos servizos asistenciais as persoas maiores, as persoas con handicaps, as persoas desfavorecidas socialmente, o da a calidade da acollida aos migrantes ect...Porque nunha sociedade cando nun supermercado, nas filas das caixas as persoas non deixan a súa quenda a unha anciá, a unha embarazada ect... ou cando ao facer unha xestión, a nosa tardanza xera unha cola e cando acabamos non nos desculpamos ou cando imos nun autocarro e nos deixamos o asento a unha persoa con un handicap ect... por moitos carros de 100.000 € que se vendan nese país, por moito que as nosas grandes empresas sexan lideres mundiais, máis que un país desenvolvido é un país atrasado, onde a indiferenza é a norma.
“A produción capitalista so sabe desenvolver a técnica, socavando ao mesmo tempo as dúas fontes orixinarias de toda riqueza: A Terra e o Home”. Karl Marx

Crecemento e desenvolvemento

Te puede interesar