10 DE MARZO

A clase traballadora galega non é unha abstracción. Constitúe unha realidade formada por centos de milleiros de persoas que teñen esperanzas, necesidades e dereitos, que entran en contradición coas esixencias dun mercado laboral tiranizado polo empresariado a causa das contrarreformas laborais aprobadas polo PSOE-PP.  Persoas que teñen que vender a súa forza de traballo para gañar un salario co que vivir, salario rebaixado, con xornadas de traballo de máis horas que non se pagan ou  quedan en negro e con ritmos de traballo abafantes; persoas que nestes anos  experimentaron  a explotación agravada que de seu se produce na relación laboral. Malia seren os que producen a riqueza da que se apropian e detentan outros, esa pequena fracción de empresarios, banqueiros e especuladores que mandan nos gobernos de Núñez Feijóo e Rajoy. Xa é hora que dirixan este país esas persoas que traballan e o sacan adiante e non os seus explotadores. Viva a unidade da clase traballadora. 

10 DE MARZO

Te puede interesar